Descripción
Esta é a réplica da gaita de fol que pertenceu ao gaiteiro António Gil do Cubo de Caravela en Bragança, xa fora antes do Tíu Cabreiro, tamén gaiteiro de Caravela. O punteiro ten a tónica practicamente en Do (só 20 cents grave) e o resto da escala é o que chamamos “modo portugués”, é dicir, ten a terceira neutra e o 7º grao aproximadamente temperado, tendo a opción de emitir un 7º grao perfectamente rebaixado interpoñendo o dedo maior da man superior. Trátase dunha excelente gaita de fol, o roncón ten un son moi potente e fai vibrar toda a gaita, e o punteiro ten unha grande potencia e produce uns excelentes harmónicos. Vai empalletado cunha palleta feita ao xeito brigantino antigo. O punteiro emite perfectamente as tres terceiras: a rebaixada, a neutra e a xustamente temperada (interpoñendo o dedo maior).
Podedes escoitala neste vídeo e neste outro.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.