Durante estes anos de traballo de campo e tamén coa axuda doutros investigadores como Luís Mondelo, Xermán Muíños ou Alfonso Fernández, director do Museo da Gaita de Xixón, fomos xuntando e reproducindo moi diversos modelos de pandeiras galegas, leonesas e asturianas.
Na factura destes instrumentos poñemos especial coidado en reproducir con exactitude o dobrado e tamaño das súas ferreñas, así como o seu diámetro e altura orixinais, pois é xustamente nestes detalles onde reside unha parte moi importante do segredo do seu son característico, algo que queremos recuperar.