Descripción
Facemos réplicas de apitos de afiador ou chifres de capador, instrumentos case esquecidos pero con bonitas posibilidades musicais, pois emiten unha escala case temperada completa con tres notas por debaixo da tónica. Estes orixinais están en Re maior.
Tradicionalmente podían levar unha cadeíña para penduralo e non perdelo, como podes ver na fotografía de Alan Lomax. Susi Gesto púxolle unha bonita cadea de prata á réplica deste apito.
Tamén podían ir fornecidos de bocados de metal, como o conservado no Museo de Pontevedra, un bonito instrumento cunha cabeza moi traballada, que tamén replicamos e que che amosamos nas fotografías.
Damos o prezo para a réplica dun apito sinxelo, sen cadea nin bocado, como o que aparece na fotografía e que corresponde a un instrumento de afiador orixinal que mercamos en Luintra (Ourense). Se queres calquera dos outros modelos consúltanos o prezo.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.