Descripción
Un dos poucos artesáns fabricantes de gaitas de fol entre Douro e Minho foi Manuel Araújo de Bravães en Ponte da Barca, que foi compoñente dun famoso grupo de Zés Pereiras desta mesma localidade. Trátese dunha estupenda gaita de fol, coa tónica en Si natural e cunha escala afinada en modo portugués, é dicir, ten subtónica e o terceiro grao é case neutro, estando o resto da escala practicamente temperada. As palletas que emprega son dunha tipoloxía moi particular, moi semellantes ás da zona occidental galega, ou sexa, cadradas con xugo de metal e fabricadas coa parte dura da cana, pero neste caso moito máis alongadas. O punteiro é áxil, ten un timbre algo nasal e toca cun son moi potente.
Aquí tedes algunhas pezas tradicionais do Minho interpretadas con esta gaita e cunha réplica do tambor de Agua Longa (Paredes de Coura).
Compra por encomenda
Debido ás características das réplicas das gaitas de fol antigas, estas non teñen un prezo fixo asignado, que dependerá do tipo de madeira e outras características estéticas que podes escoller como anelados en diferentes materiais, freques ou reberetados dos vestidos. Todas as réplicas de gaitas de fol teñen unha demora que depende da nosa lista de espera. Consulta con nós para saber máis.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.