Descripción
Etelvino Ferraría foi gaiteiro no concello de Sesimbra. Tocou nunha fermosa gaita que posúe un fantástico punteiro, fabricado en ébano e cunha chave para a emisión do segundo grao sobreagudo. Este punteiro é moi grileiro, ten a tónica algo por riba do Re e a súa escala está afinada en modo de Do, é dicir, con tódolos graos case temperados excepto a sensible e o terceiro grao que se achan algo rebaixados. Toca dun xeito excelente, con moita lixeireza e un gran volume.
Compra por encomenda
Debido ás características das réplicas das gaitas de fol antigas, estas non teñen un prezo fixo asignado, que dependerá do tipo de madeira e outras características estéticas que podes escoller como anelados en diferentes materiais, freques ou reberetados dos vestidos. Todas as réplicas de gaitas de fol teñen unha demora que depende da nosa lista de espera. Consulta con nós para saber máis.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.