Descripción
Interpretación baseada na análise científicada gaita de fol que aparece representada na Cantiga 350 do Códice dos Músicos (c. 1298). Podes consultar o proceso neste artigo (enlace ao artículo na seccion de publicacións). Madeira de buxo con inscrustacións de lacre e ébano, fol de goretex. Consta de dous punteiros con tónicas en alturas de Do e Re, con subtónicas e escalas pitagóricas, deseñados para tocar independentemente. Ten catro bordóns. Dous, en altura de Do e Sol, correspóndense co punteiro longo en Do. Os outros dous, en Re e La, empréganse para tocar co punteiro curto en Re. Os catro bordóns pemiten escoller calquera altura de tónica, pois teñen unha amplitude dun tono, o que facilita tocar, empregando un só bordón, en varios modos diferentes, xa que as afinacións pitagóricas dos punteiros permiten situar as escalas en cuatro modos distintos dependendo de onde escollamos a tónica. Prezo sen incrustacións.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.