Descripción
Esta gaita de fol pertenceu a un dos mellores gaiteiros da Região Centro, David de Francisco de Barcouço (1892-1975) na Mealhada (Coimbra). Pola análise que puidemos facer dela, deducimos que David de Francisco non foi o seu único tocador, outro gaiteiro máis usouna antes e, a xulgar polos seus desgastes dixitais, bastante tempo. Mario Rui Melo, un dos seus netos, encomendounos esta reprodución.
Sen dúbida é unha estupenda gaita coimbrá que, como moitas das antigas, ten unha tónica bastante aguda, perto do Do#. A súa escala é un modo portugués, ou sexa, ten subtónica, o terceiro grao bastante baixo e o sétimo grao sensible, o resto de graos están temperados.
Debido ás características especiais de cada reproducción, se estás interesado nela, ponte en contacto con nós por favor.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.