Descripción
Juan Prieto Chimeno foi un famoso gaiteiro que viviu en Rihonor de Castilla, pero que tocaba máis habitualmente en Rionor de Bragança, dúas aldeas separadas por unha ficticia fronteira que forman unha fantástica unidade etnográfica.
Juan tocaba con esta fermosa gaita que ata agora se creía construída por Juan Barrio, mítico gaiteiro xabrés de Pedralba de la Pradería (Seabra, Zamora). As nosas pesquisas contradín este punto, podes lelas aquí. Esta gaita, fabricada en madeira de uz, ten un punteiro cun dos sons máis magníficos que escoitamos, está fabricado en dúas pezas: un fuste xunguido a unha enorme campá cunha fermosa anela de latón moi ben traballada. Funciona con palletas fabricadas ao xeito antigo xabrés, ou sexa, coa parte interior e branda da cana, e sen xugo. O seu son é moi característico, algo nasal, moi claro e moi potente, emitindo as notas cunha axilidade moi destacable para un punteiro tan grave, pois ten a tónica practicamente en Sib. A súa escala é un fermoso exemplo de modo xabrés, moi semellante ao modo de La (modo menor actual), pero co segundo grao tamén rebaixado.
Aquí vos deixamos algunhas das pezas do repertorio que Ernesto Veiga de Oliveira lle gravara a Juan Prieto interpretadas con este magnífico instrumento.
Compra por encomenda
Debido ás características das réplicas das gaitas de fol antigas, estas non teñen un prezo fixo asignado, que dependerá do tipo de madeira e outras características estéticas que podes escoller como anelados en diferentes materiais, freques ou reberetados dos vestidos. Todas as réplicas de gaitas de fol teñen unha demora que depende da nosa lista de espera. Consulta con nós para saber máis.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.