Descripción
Julio Prada (1924-2005) foi gaiteiro en Ungilde (Seabra, Zamora), un dos mitos desta terra e unha referencia para os gaiteiros do noroeste peninsular. Como tódolos grandes gaiteiros empregou unha formidable gaita que, á súa morte, cedeu o seu compañeiro de alboradas Edelio González, gran tamboriteiro e cantador onde os haxa. Edelio depositou esta fermosa gaita, para que todos a poidamos admirar, no Museo Etnográfico de Zamora.
Trátase dunha gaita propiamente xabresa, probablemente herdada doutro gaiteiro anterior e polo tanto moi antiga, cunha tónica preto do Do e cunha escala en modo xabrés, é dicir, moi semellante ao modo de La (modo menor), pero cun segundo grao bastante rebaixado. Reproducimos este fermoso instrumento e, en base a el e modificando unicamente a posición e diámetro dalgúns furados, é dicir, mantendo o seu timbre característico, fabricamos tamén un punteiro xabrés cromático e temperado en Do [enlace a este producto].
A gaita de Julio Prada ten un potentísimo son, tanto no roncón coma no punteiro; este toca empregando palletas fabricadas ao modo antigo xabrés, ou sexa, fabricadas usando só a parte branda da cana. É un punteiro cun son moi potente e lixeiro na emisión das notas, non entanto, esta gaita é un instrumento que require un certo aprendizaxe para ser ben tocada, pois o roncón é sensible ás variacións bruscas de tempero e o punteiro require unha presión intermedia.
Compra por encomenda
Debido ás características das réplicas das gaitas de fol antigas, estas non teñen un prezo fixo asignado, que dependerá do tipo de madeira e outras características estéticas que podes escoller como anelados en diferentes materiais, freques ou reberetados dos vestidos. Todas as réplicas de gaitas de fol teñen unha demora que depende da nosa lista de espera. Consulta con nós para saber máis.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.