Descripción
En Pedrazales (Seabra, Zamora) viven os irmáns Tarsicio e Modesto Espada, os famosos Gaiteros de Pedrazales. Esta é a réplica dunha das súas gaitas, encomendada polo seu sobriño Tirso Espada. O orixinal desta gaita foi fabricado por Tarsicio copiando unha gaita de Juan Barrio, mítico tocador e constructor de gaitas de Pedralba de la Pradería (Seabra). O seu son é fantástico, profundo e potente, como o do seu roncón. Toca cunha tónica practicamente en Sib pero, a diferencia doutras gaitas xabresas, presenta unha escala en modo portugués, é dicir, todos os graos se achegan ao temperamento igual excepto o terceiro, que está practicamente neutro, e a sensible que está 20 cents baixa.
Compra por encomenda
Debido ás características das réplicas das gaitas de fol antigas, estas non teñen un prezo fixo asignado, que dependerá do tipo de madeira e outras características estéticas que podes escoller como anelados en diferentes materiais, freques ou reberetados dos vestidos. Todas as réplicas de gaitas de fol teñen unha demora que depende da nosa lista de espera. Consulta con nós para saber máis.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.