Descripción
Gaitas de fol estándar, fornecidas con punteiros modernos que teñen escalas temperadas e cromáticas, para tocar aberto ou pechado, ou incluso en ambas dixitacións de xeito indiferente. Podes ver algúns destes punteiros nesta mesma sección. Dentro deste rango de tonalidades, esta non afecta ao prezo do instrumento.
Estas gaitas poden levar varios tubos sonoros: ronqueta, ronquillo ou ambos. En canto á súa ornamentación poden estar desprovistas de anelas, como era máis frecuente antigamente, ou ser aneladas en imitación de marfil, bronce ou aceiro inoxidable. O prezo varía conforme ao número de tubos sonoros e o tipo de anelado.
As madeiras que empregamos son o buxo ou madeiras tropicais como o cocobolo, o pau violeta e o granadillo, que encarecen algo o instrumento. Os vestidos están sempre confeccionados con telas orixinais de moita calidade que ti podes escoller no noso obradoiro. Os flocos fanse sempre en combinación coa tela escollida. As gaitas entréganse cun maletín de madeira e repostos de palletas e pallóns que poden ser, opcionalmente, sintéticos.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.