Descripción
Juan Ferreiro Ferreiro foi gaiteiro en Laroá (Xinzo de Limia). O orixinal desta gaita, probablemente do taller dos Marrecos de Xinzo de Ponteareas (Pontevedra) pertenceu ao seu pai que xa a levara para Cuba e que voltou con el despois da guerra de independencia (1898), por canto, pese a que o torneado do punteiro amosa as características liñas do obradoiro de Antonio Represas (1895-1971), esta gaita non puido saír das súas mans pois, tendo en conta a información que nos deu o Sr. Juan, sería bastante máis antiga. É posible entón que no obradoiro dos Marrecos traballase outro artesán antes que o propio Antonio Represas. Con esta gaita tocou Juan durante moitos anos, pero despois de que o punteiro fendera á metade, arrimouna e achámola metida nunha bolsa e chea de barola. Visitamos a Juan numerosas veces na súa casa de Laroá para gravar o seu interesantísimo repertorio e un día, ante a petición de que nos vendese aquela vella gaita, díxonos que antes diso prefería queimala. Foi entón cando a súa muller lle dixo “dalle a gaita ao rapaz, il vai tocar con ela e ti tela aí toda estragada…” nese momento Juan regalounos esta fermosa gaita e nós seguimos facendo o que prometemos: tocar con ela.
Ten a tónica preto do Do# e unha fermosa escala en modo de Do pero coa sensible grave e o terceiro grao bastante rebaixado.
Compra por encomenda
Debido ás características das réplicas das gaitas de fol antigas, estas non teñen un prezo fixo asignado, que dependerá do tipo de madeira e outras características estéticas que podes escoller como anelados en diferentes materiais, freques ou reberetados dos vestidos. Todas as réplicas de gaitas de fol teñen unha demora que depende da nosa lista de espera. Consulta con nós para saber máis.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.