Descripción
Na casa deste famoso gaiteiro da zona Eo-naviega puidemos documentar, con Pablo Quintana, as súas fermosas gaitas de fol conservadas con mimo pola súa familia. Esta é a copia dunha delas na que replicamos tamén os seus freques orixinais. O fol está cosido coa técnica dos remendos, neste caso fixémolo seguindo un patrón típico asturiano pese a que o orixinal é propiamente Eo-naviego e, polo tanto, máis redondo. O punteiro emprega palletas fabricadas ao xeito antigo Eo-naviego, copia das que nos deixou Patricio que era un gran palleteiro. Trátase dun punteiro de son áxil e que emite unha escala en modo de Do coa tónica en Do#.
Compra por encomenda
Debido ás características das réplicas das gaitas de fol antigas, estas non teñen un prezo fixo asignado, que dependerá do tipo de madeira e outras características estéticas que podes escoller como anelados en diferentes materiais, freques ou reberetados dos vestidos. Todas as réplicas de gaitas de fol teñen unha demora que depende da nosa lista de espera. Consulta con nós para saber máis.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.