Descripción
José Mendes Seco foi, sen dúbida, o artesán coimbrá máis famoso do século XX. Produciu ducias de gaitas e baquetas que a maior parte dos grupos da zona empregaron, caso de Joaquim Pereira, o Ti Carriço. A través de varias réplicas das súas gaitas e punteiros fomos recuperando os seus torneados e o seu característico son. Esta é unha réplica da gaita que empregaba Manuel Carvalho da Silva, gaiteiro de Cheira (Penacova, Coimbra), como podedes escoitar neste vídeo, a súa escala é un modo portugués, é dicir, ten unha terceira bastante grave e subtónica. Este punteiro, ademais, ten o sexto grao algo rebaixado, de xeito que produce unha escala moi particular.
Compra por encomenda
Debido ás características das réplicas das gaitas de fol antigas, estas non teñen un prezo fixo asignado, que dependerá do tipo de madeira e outras características estéticas que podes escoller como anelados en diferentes materiais, freques ou reberetados dos vestidos. Todas as réplicas de gaitas de fol teñen unha demora que depende da nosa lista de espera. Consulta con nós para saber máis.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.