Descripción
Esta é unha réplica que fixemos dunha gaita de fol propiedade do noso grande amigo, fabuloso tamboriteiro e cantador, Edelio González, quen a ten depositada na Fundación Joaquín Díaz de Urueña. Trátase dun fermoso e moi antigo instrumento fabricado integramente en nogueira negra. A súa peculiaridade máis destacable é que toca en modo de Mi, ou sexa ten o segundo grao moi rebaixado e unha subtónica completa, ademais de ter o sexto grao tamén rebaixado. A tónica está bastante elevada para ser unha gaita xabresa, preto do Do. O curioso é que debido á presenza dunha subtónica case completa é posible arrancar a escala dende ela, ou sexa, empregar a subtónica como tónica, conseguindo así tocar en modo de Re; isto é posible tamén debido á enorme lonxitude do seu roncón que permite adaptalo a calquera destas dúas tónicas.
Fabricamos a réplica desta gaita en madeira de uz, salvo o punteiro que se fixo en nogueira negra, coma o orixinal.
O punteiro é bastante flexible e permitiunos fabricar, cunha lixeira alteración na súa lonxitude e nos diámetros dos seus furados, un punteiro coa tónica en Re e escala xabresa que podedes escoitar premendo aquí. Ambas, a réplica da gaita completa e máis este novo punteiro, foron fabricados para o noso querido amigo Alberto Jambrina, a quen podedes ver tocándoa nestes vídeos.
Este é o punteiro en Do temperado resultado de adaptar o antigo a esta escala.
Compra por encomenda
Debido ás características das réplicas das gaitas de fol antigas, estas non teñen un prezo fixo asignado, que dependerá do tipo de madeira e outras características estéticas que podes escoller como anelados en diferentes materiais, freques ou reberetados dos vestidos. Todas as réplicas de gaitas de fol teñen unha demora que depende da nosa lista de espera. Consulta con nós para saber máis.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.