Descripción
A cana, o Arundo donax, chegou á península no século XVI. Se as gaitas de fol levan existindo aquí dende, polo menos, a Idade Media, de que se facían entón as palletas antes da chegada da cana? a resposta está na tradición: de corno ou de buxo. Moitos gaiteiros, aínda no século XX, seguiron fabricando as súas palletas con estes materiais moito máis resistentes. Por que os gaiteiros mudaron estes materiais pola cana? seguramente porque era máis sinxelo fabricar as palletas con eles.
Se queres unha palleta dalgún destes materiais fala con nós, teñen un timbre máis doce que a cana e a súa duración é incomparable.
Se queres saber máis sobre este tema, temos unha charla sobre el. Tamén impartimos abradoiros para que poidas aprender a facer todo tipo de palletas.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.