Descripción
Esta é a pandeira de máis diámetro que temos achado ata a data, nada menos que 49 cm. Leva un anel de reforzo no marco e nove furados para cernellas lixeiramente desviados para permitir unha maior facilidade na execución do toque de volta. En cada un destes furados alóxanse catro ferreñas rizadas: dúas exteriores, bastante grandes, e dúas interiores máis pequenas.
Podedes escoitar este e outros modelos de pandeiras galegas que temos replicado no seguinte vídeo:
Reseñas
Aínda non hai valoracións.