Descripción
O orixinal desta pandeireta pertence a Regina, tocadora de Cernadela (Mondariz, Pontevedra) e tróuxonola o noso amigo Pichi Abollado coa intenzón de recuperar este fermoso modelo. É unha pandeireta coas ferreñas rizadas e, polo tanto, cun son moi potente; ademais, ten doce pares de ferreñas. Non entanto, é un instrumento lixeiro pois o seu marco é máis estreito que o habitual e ten as ferreñas colocadas cos arames por fóra, como se facían antigamente; esta técnica, que nós recuperamos, permite fabricar marcos moito menos grosos e, polo tanto, máis lixeiros que coa técnica na que os arames se introducen no propio marco.
Aquí podes escoitar o son de diversos modelos de pandeiretas que fabricamos, entre eles o deste instrumento.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.