Descripción
Pandeiretas de dez pares de ferreñas sen rizar, dobradas a man, distribuídas en pares paralelos. O son é, curiosamente, algo máis homoxéneo que o mesmo modelo de oito pares.
Este modelo de ferreñas foi especialmente desenvolto por nós a partir de ferreñas tradicionais dobradas a man para dotalas dunha maior resistencia ao uso, de aí que cada ferreña teña catro pequenas dobreces cara arriba no borde.
O acabado da madeira pode ser tinguido ou natural como podedes ver nas fotografías. O prezo destas pandeiretas é de 100€, se fosen en madeira de ciprés, moito máis lixeiras, 120€. As ferreñas fabricadas en follalata branda ou temperadas incrementan o prezo (ver no apartado de opcións). Podes escoitar o son dos diferentes modelos de ferreñas e pandeiretas que fabricamos neste vídeo.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.