Descripción
Este modelo de pandeireta é unha copia literal do que fabricaba o señor Manuel de San Lourenzo. Este grande artesán foi o principal autor da estandarización que sufríu a pandeireta galega nos anos 60 e 70 do pasado século. O señor Manuel, fillo de peneireiro, foi un dos máis famosos e mellores construtores de pandeiretas, tambores e bombos de Galiza neste período, razón pola que os seus modelos foron imitados polo resto de artesáns que o sucedemos. Cando o señor Manuel finou, mercamos os seu taller completo, pois a súa familia era amiga da familia da Rosa, así que herdamos a súa ferramenta e o seu coñecemento, pois a súa muller informounos ao detalle dos procesos que Manuel empregaba.
Este modelo non é máis que o noso tributo ao seu bon facer. Unha pandeireta de nove pares de ferreñas rizadas con troquel, de diámetro algo máis reducido que o que hoxe é frecuente, fabricada en piñeiro e con acabado natural. Unha pandeireta de son moi potente.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.