Descripción
Emilio Romero achou en 2018, nunha feira en San Pedro de Neiro (A Fonsagrada), varios pandeiros redondos, de enorme tamaño, unimembranófonos ou bimembranófonos, con campás, campaíñas, axóuxeres e ferreñas inseridas no marco. Este modelo é unimembranófono, de case 70 cm de diámetro, ten dúas campás de vaca no seu interior, varias campaíñas e dous pares de ferreñas no marco. Este leva un furado alongado para introducir os catro dedos da man e poder así sostelo sobre as pernas.
Podedes velo na fotografía a carón da réplica do outro pandeiro achado en San Pedro de Neiro (modelo II) e cunha pandeireta dentro para que vos fagades idea do seu enorme tamaño.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.