Descripción
Emilio Romero achou en 2018, nunha feira en San Pedro de Neiro (A Fonsagrada), varios pandeiros redondos, de enorme tamaño, unimembranófonos ou bimembranófonos, con campás, axóuxeres e ferreñas inseridas no marco. Este modelo é bimembranófono, de case 70 cm de diámetro, ten campás de vaca, campaíñas e axóuxeres no seu interior. Leva un furado para agarralo con tódolos dedos da man. Pódese tocar coa man ou cunha baqueta. O seu son é profundo e resoante, e o repinicar das súas campás de vaca trasládanos inmediatamente aos sons das nosas montañas.
Podedes velo na fotografía a carón da réplica do outro pandeiro achado en San Pedro de Neiro (modelo I), que ten unha pandeireta dentro para que vos poidades facer idea do enorme tamaño destes fantásticos instrumentos.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.