Descripción
Desenvolvemos este punteiro en base ao nº 59 conservado no Museo da Terra de Miranda que podedes ver aquí. Ten unha escala en Do temperada e cromática, coa posibilidade de emitir tónica e subtónica, de aí que teña dous furados para o meniño inferior. Empregando posicións diferentes pode emitir tres terceiros graos distintos: un exactamente temperado, emitido coa postura do cuarto grao pero interpoñendo o dedo maior; outro axustado ao bordón (15 cents grave respecto ao exactamente temperado) emitido coa postura normal do terceiro grao aberto; e outro rebaixado que se consegue con esta mesma postura pero interpoñendo o dedo anular.
Debido ao uso de palletas construídas ao xeito antigo trasmontano, é dicir, só coa parte branda da cana, este punteiro conserva o timbre propiamente mirandés. Aquí explicamos un pouco o proceso polo que desenvolvimos este punteiro.
Aquí podedes escoitar a muiñeira de Chantada tocada con este punteiro.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.