Descripción
Este punteiro foi desenvolvido en base ao que pertenceu a Julio Prada, gaiteiro de Ungilde, conservouse o seu mesmo cono interno e o mesmo tipo de palletas antigas xabresas, ou sexa, fabricadas só coa parte branda da cana. Mudando lixeiramente a colocación e os diámetros dos seus furados, conseguimos conservar o seu característico timbre e dotalo dunha escala en Do perfectamente temperada e cromática. Igual que o punteiro de Julio Prada, ten un son extraordinariamente potente e limpo, é un punteiro de tocar lixeiro pero, igual que o orixinal, precisa de algo de aprendizaxe e práctica para ser tocado.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.