Descripción
Este instrumento foi desenvolvido en base ao punteiro de Julio Prada, gaiteiro de Ungilde, conservando o seu mesmo cono interno e o mesmo tipo de palletas antigas xabresas, ou sexa, fabricadas só coa parte branda da cana. Mudando lixeiramente a colocación e os diámetros dos seus furados, conseguimos conservar o seu característico timbre e dotalo dunha escala en Do menor perfectamente temperada. Igual que o punteiro de Julio Prada, ten un son extraordinariamente potente e limpo, é un punteiro de tocar lixeiro pero, igual que o orixinal, precisa de algo de aprendizaxe e práctica para ser tocado.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.