Descripción
Esta requinta en Sol, apropiada para tocar con gaitas en Do, foi deseñada en base aos interiores da requinta dos Barreiros de Albín e ten as súas mesmas características sonoras, é dicir, un son moi limpo, potente e con moita facilidade de emisión nas notas máis agudas da escala. Toda a súa escala está equilibrada, ao contrario que moitas das requintas tradicionais nas que só a parte da escala usada coa gaita de fol aparece ben afinada. Fabricámola en madeira de buxo natural ou envellecido, con anelas de bronce. Entrégase cunha funda de tela como a que se pode ver nas imaxes,, onde tamén podedes apreciar o seu tamaño en comparación cunha requinta en Fa#.












Reseñas
Aínda non hai valoracións.