Descripción
Gaita de fol tradicional do Baixo Miño, sen bordón, co punteiro de lingüeta sinxela rematado nun resoador de corno. Fabrícase en madeira de buxo, no ton orixinal e con pallón de cana (aproximadamente Re sen temperar e con subtónica), ou ben en buxo con escala cromática en Do, vestido de tela e fol de goretex.
Aquí podedes escoitar unha muiñeira interpretada cunha rosca temperada afinada en Do maior.
Neste vídeo podedes escoitar como se pode tocar en modo menor coa versión cromática deste instrumento.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.