Descripción
Para controlar o son dos harmónicos da pel superior desenvolvemos un sistema orixinal de apagado da pel superior que se manexa cunha rodiña de madeira situada nun lateral do tambor. Este sistema permite regular con precisión a cantidade de harmónico que emite o tambor, evitando así a necesidade de forrar con espuma a parte interior do mesmo e permitindo obter unha grande variedade de sons. O apagador incrementa o prezo básico do tambor en 75 euros.
Aquí podedes escoitar e ver como funciona este mecanismo.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.