Descripción
Traballando sobre a réplica do clarín de Bestué e sen modificar nada máis que a posición dalgúns furados, usando a mesma palleta que no orixinal e o mesmo cono interno, conseguimos un clarín que ten exactamente o mesmo son que o antigo, pero que emite unha escala temperada coa tónica en Do e coa posibilidade de todos os cromatismos coas posturas habituais. Modificando o furado posterior podemos tamén facer que requintee ata o cuarto grao, se ben o segundo grao sobreagudo fica algo baixo. Podes escoitalo soar aquí.






Reseñas
Aínda non hai valoracións.