Descripción
Unha das míticas gaitas de boto aragonesas, conservada no Concello de Aínsa (Huesca) e que semella foi empregada polo gaiteiro Juan Cazcarra Sesé. O traballo de reconstrución da súa sonoridade foi considerable, pois o clarín (punteiro) ten a característica de emitir uns graos agudos considerablemente elevados. Empregando réplicas das pitas (palletas) que fabricaba Juan Cazcarra, a oitava aguda quedaría situada na dixitación coa que normalmente se emite o sétimo grao, é dicir, con tódolos furados frontais abertos; interpoñendo o dedo maior obteriamos o séptimo grao, mentres que a posición con tódolos furados do clarín abertos pasaría a emitir un segundo grao agudo. Esta é, dende logo, unha rara dixitación, mais non habendo documentos que describan o tipo de dixitación empregada polos vellos gaiteiros aragoneses, non quixeramos pechar esta porta pois os datos empíricos apuntan, dende logo, á súa posibilidade. Empregando neste clarín outro tipo de pitas, tamén documentadas Aragón, conseguimos unha escala na que o oitavo grao queda situado na súa posición máis normal, é dicir, abrindo tódolos furados do clarín, polo que tampouco podemos descartar esta posibilidade.
En ambos casos este clarín ten a tónica algo máis elevada que Do e a súa escala está moi preto do temperamento igual, salvo por un terceiro grao rebaixado e unha sensible tamén bastante grave, a 140 cents da tónica, ou sexa unha subtónica algo elevada.
Compra por encomenda
Debido ás características das réplicas das gaitas de fol antigas, estas non teñen un prezo fixo asignado, que dependerá do tipo de madeira e outras características estéticas que podes escoller como anelados en diferentes materiais, freques ou reberetados dos vestidos. Todas as réplicas de gaitas de fol teñen unha demora que depende da nosa lista de espera. Consulta con nós para saber máis.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.