Aquí tes o noso traballo sobre os instrumentos musicais galegos, que non exclúe información sobre moitos portugueses, bercianos, asturianos e zamoranos, pois todo o noroeste está intimamente relacionado a nivel musical. Este libro está esgotado, malia que pensamos na súa pronta reedición corrixida e aumentada. Por agora podes consultalo integramente na páxina web do Consello da Cultura Galega.
Este traballo contén, nas súas case 500 páxinas de extensión, información histórica, antropolóxica e etnolóxica sobre máis de 160 tipos diferentes de instrumentos musicais que puidemos documentar na memoria das portadoras e portadores galegos. Contén tamén case 1000 fotografías e cincuenta excelentes e explicativos deseños de Ramón Marín. É o froito de vinte anos de traballo de campo e investigación histórica sobre os instrumentos musicais galegos e explica tamén a súa relación con outros da península Ibérica. Editouse no marco do proxecto Ronsel para a recuperación e posta en valor do Patrimonio Cultural Inmaterial Galego e recibíu o premio Antón Losada Diéguez de investigación e ensaio.