Descripción
Os irmáns Ramón e José Valiña tocaron toda a vida cunhas fermosas gaitas de fol que eles aseguraban que foran fabricadas polo artesán pontevedrés José Poceiro (1882-1950), porén, tanto o torneado dos roncóns, coma os interiores e torneados dos seus punteiros teñen moi pouco que ver cos que Poceiro fabricaba, así que ou ben este mudou a súa técnica de construción, ou ben estas gaitas non saíron das súas mans.
Os punteiros que os irmáns Valiña empregaban son de fermosa factura, con grandes furados, as tónicas preto do Do# e unha escala afinada de xeito natural, ou sexa que os graos non seguen o temperamento igual senón unha afinación xusta, deseñada para soar moi ben a voces que era como eles adoitaban a interpretar as melodías. Estes punteiros tocan indistintamente con dixitación aberta ou pechada.
Aquí tedes un vídeo dunha das muiñeiras dos Campaneiros de Vilagarcía interpretada con esta réplica.
Compra por encomenda
Debido ás características das réplicas das gaitas de fol antigas, estas non teñen un prezo fixo asignado, que dependerá do tipo de madeira e outras características estéticas que podes escoller como anelados en diferentes materiais, freques ou reberetados dos vestidos. Todas as réplicas de gaitas de fol teñen unha demora que depende da nosa lista de espera. Consulta con nós para saber máis.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.