• Link to Facebook
  • Link to Facebook
  • Link to Mail
  • Shopping Cart Shopping Cart
    0Shopping Cart
Pablo Carpintero
  • Instrumentos musicais
    • Gaitas de fol
      • Réplicas de gaitas de fol antigas
        • Asturianas
        • Eo-Naviegas
        • Galegas
        • Portuguesas
        • Xabresas e Alistanas
        • Mallorquinas
        • Aragonesas
      • Gaitas de fol e punteiros galegos con escalas temperadas e cromáticas
      • Outras gaitas de fol e punteiros do noroeste con escalas temperadas e cromáticas
      • Gaitas de cana, gaitas de pallón (lingüeta sinxela) actualizadas.
      • Gaitas medievais
      • Novos modelos de gaitas
      • Complementos
    • Outros instrumentos
      • Instrumentos medievais
      • Palletas e pallóns
      • Tambores e bombos
      • Frautas, pínfanos e requintas
      • Traversos barrocos
      • Pandeiretas
      • Pandeiras
      • Pandeiros
      • Tambores femininos
      • Ferreñas
      • Máis instrumentos
    • Restauración
      • Restauramos calquera instrumento musical tradicional e empalletamos a túa gaita de fol antiga para recuperar o seu son orixinal.
    • Museo
      • Estes son os instrumentos musicais que compoñen a nosa colección, podes encomendar unha réplica de calquera deles.
  • Charlas-concerto
  • Obradoiros
  • Publicacións
    • Os instrumentos musicais na tradición galega
    • Bibliografía
    • Discografía
    • Micromecenazgo
  • Exposicións
  • Grupos
  • Quen somos
  • Click to open the search input field Click to open the search input field Search
  • Menu Menu
Tienda

Categorías

  • Grupos
  • Discografía
  • Sin categorizar
  • Instrumentos musicales
    • Gaitas de fol
      • Complementos
      • Réplicas de gaitas de fol antigas
      • Gaitas de cana, gaitas de pallón (lingüeta sinxela) actualizadas
      • Gaitas de fol e punteiros galegos con escalas temperadas e cromáticas
      • Outras gaitas de fol e punteiros do noroeste con escalas temperadas e cromáticas
      • Gaitas medievais
      • Novos modelos de gaitas
    • Palletas e pallóns
    • Frautas, pínfanos e requintas
    • Instrumentos Medievais
    • Pandeiras
    • Pandeiretas
    • Pandeiros
    • Tambores e bombos
    • Tambores femininos
    • Traversoso barrocos
    • Ferreñas
    • Outros instrumentos

Gaita de cana actualizada en Re

990,00 € - 1.450,00 €Rango de prezos: desde 990,00 € ata 1.450,00 €

Limpiar
SKU: N/D Categorías: Gaitas de cana, gaitas de pallón (lingüeta sinxela) actualizadas, Gaitas de fol, Instrumentos musicales
  • Descripción
  • Información adicional
  • Valoracións (0)

Descripción

Denominamos a este instrumento “gaita de cana actualizada” porque son un desenvolvemento orixinal que realizamos neste obradoiro no ano 2017. Están baseadas nas gaitas de fol que os rapaces construían con cana ou sabugueiro como instrumento de paso cara á gaita de fol dos adultos, algo que aconteceu fundamentalmente na provincia de Pontevedra. As nosas gaitas de cana actualizadas están fabricadas en madeiras nobres (buxo, granadillo, etc.). Os prezos que che indicamos están calculados para gaitas feitas en buxo, se queres calquera outra madeira consúltanos por favor. 

Se queres unha gaita como as orixinais do rapaces podes velas aquí: gaita de sabugueiro ou gaita de cana.  

A afinación das nosas gaitas de cana actualizadas en Re é completamente estable. Os bordóns van fornecidos con pequenos pallóns de cana, mentres que o punteiro vai equipado cun pallón sintético, por canto nunca variará a súa afinación mentres non toques a súa lingüeta, e isto é de suma importancia: non recomendamos manipulala baixo ningún concepto.   

Se ben a tónica do punteiro desta gaita está en altura de Re, podes escoller para ela calquera escala: Re maior, Re menor, ou calquera Re modal (modo Dórico ou modo de Re, modo Mixolidio ou modo de Sol, modo sanabrés ou de La, etc.). Debes ter en conta que estas gaitas en Re non teñen a posibilidade de emitir cromatismos facendo dixitacións cruzadas como acontece nas gaitas de fol normais, pois a teoría física dinos que un tubo cilíndrico non pode facelo. No entanto, e sorprendentemente, no noso modelo de gaita de cana actualizada en Do, conseguimos unha escala cromática facendo dixitacións cruzadas. Seguimos traballando para conseguir gaitas de cana en Re cromáticas. 

Se buscas algunha outra tonalidade, como Mib, Sib, etc., consúltanos, pois seguimos traballando para ampliar a nosa oferta de tonalidades destes fermosos instrumentos.

A dixitación das gaitas de cana en Re pode ser aberta ou pechada ou calquera outra modalidade que sexa do teu agrado. Simplemente cando a encomendes fainos saber o tipo de dixitación que queres a través do correo electrónico ou o wasap. 

En canto aos bordóns que levan estas gaitas, podes escoller entre varias posibilidades que verás neste vídeo. Podes fornecela só cun bordón grave sobre as costas, ou acompañar este roncón cun bordón lateral agudo en Re e/ou outro agudo en La, ou calquera combinación que se che ocorra destes tres bordóns. As combinacións que a xente prefire son: ou ben os tres bordóns, que lle dan á gaita un son máis pleno, ou ben os dous agudos, afinados na tónica e na dominante, que che ofrecerán tamén unha estupenda experiencia harmónica. 

Existe tamén a posibilidade de incluír mais bordóns na buxa lateral. Por exemplo, podes engadir un terceiro bordón que soe na cuarta (Sol), ou tamén podemos facer que o bordón agudo en Re emita alternativamente unha cuarta (Sol) empregando para elo un pequeno taponciño. Para saber o prezo de calquera destas opcións que non aparecen especificadas aquí contáctanos por favor a través do correo electrónico ou do wasap.  

Todos os bordóns van fornecidos con tapóns que permiten detelos para que podas prescindir deles, ou ben para poder afinalos de xeito independente.  

O fol destas gaitas de cana actualizadas é de material sintético transpirable e poderás escoller a tela que prefiras para confeccionar o seu vestido. No momento en que as madeiras estean listas, porémonos en contacto contigo para que poidas escoller entre calquera das telas da nosa ampla gama. 

Estas gaitas non se entregan con fundas nen bolsas. Se precisas un contedor para ela podes adquirilo aquí: bolsa ou maletín de madeira. 

Fabricamos tamén punteiros soltos con adaptadores que permiten introducilos en gaitas de fol normais. Para esta opción contacta con nós.  

Información adicional

Cantidad de bordones

Só bordón grave, Bordón grave e dous agudos laterais en tónica e dominante, Só dous bordóns agudos laterais en tónica e dominante

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Gaita de cana actualizada en Re” Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Produtos relacionados

  • Gaita de barquín de Ricardo Alexandre (Tomiño)

    Add to cart Add to cart Leer máis Show Details Show Details Show Details
  • Gaita tumbal da Terra Chá

    Add to cart Add to cart Leer máis Show Details Show Details Show Details
  • Caramelas

    270,00 €
    Add to cart Add to cart Engadir ao carriño Show Details Show Details Show Details
  • Gaita redonda de catro voces de Antonio do Castro de Vilariño (Sobrado dos Monxes)

    Add to cart Add to cart Leer máis Show Details Show Details Show Details

Proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia, Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

prueba

Obradoiro Nº 812

© Copyright - Pablo Carpintero
  • Link to Facebook
  • Link to Facebook
  • Link to Mail
  • Contactar
  • Política de privacidad
Link to: Punteiro en Do para dixitación aberta e pechada Link to: Punteiro en Do para dixitación aberta e pechada Punteiro en Do para dixitación aberta e pechada Link to: Corpos de recambio para requintas Link to: Corpos de recambio para requintas Corpos de recambio para requintas
Scroll to top Scroll to top Scroll to top
gl_ESGalego
gl_ESGalego es_ESEspañol
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.