• Link to Facebook
  • Link to Facebook
  • Link to Mail
  • Shopping Cart Shopping Cart
    0Shopping Cart
Pablo Carpintero
  • Instrumentos musicais
    • Gaitas de fol
      • Réplicas de gaitas de fol antigas
        • Asturianas
        • Eo-Naviegas
        • Galegas
        • Portuguesas
        • Xabresas e Alistanas
        • Mallorquinas
        • Aragonesas
      • Gaitas de fol e punteiros galegos con escalas temperadas e cromáticas
      • Outras gaitas de fol e punteiros do noroeste con escalas temperadas e cromáticas
      • Gaitas de cana, gaitas de pallón (lingüeta sinxela) actualizadas.
      • Gaitas medievais
      • Novos modelos de gaitas
      • Complementos
    • Outros instrumentos
      • Instrumentos medievais
      • Palletas e pallóns
      • Tambores e bombos
      • Frautas, pínfanos e requintas
      • Traversos barrocos
      • Pandeiretas
      • Pandeiras
      • Pandeiros
      • Tambores femininos
      • Ferreñas
      • Máis instrumentos
    • Restauración
      • Restauramos calquera instrumento musical tradicional e empalletamos a túa gaita de fol antiga para recuperar o seu son orixinal.
    • Museo
      • Estes son os instrumentos musicais que compoñen a nosa colección, podes encomendar unha réplica de calquera deles.
  • Charlas-concerto
  • Obradoiros
  • Publicacións
    • Os instrumentos musicais na tradición galega
    • Bibliografía
    • Discografía
    • Micromecenazgo
  • Exposicións
  • Grupos
  • Quen somos
  • Click to open the search input field Click to open the search input field Search
  • Menu Menu
Tienda

Categorías

  • Discografía
  • Grupos
  • Sin categorizar
  • Instrumentos musicales
    • Gaitas de fol
      • Complementos
      • Réplicas de gaitas de fol antigas
        • Réplicas de gaitas asturianas
        • Réplicas de gaitas Eo-Naviegas
        • Réplicas de gaitas galegas
        • Réplicas de gaitas Portuguesas
        • Réplicas de gaitas Xabresas e Alistanas
        • Réplicas de gaitas mallorquinas
        • Réplicas de gaitas aragonesas
        • Réplicas de gaitas leonesas
      • Gaitas de cana, gaitas de pallón (lingüeta sinxela) actualizadas
      • Gaitas de fol e punteiros galegos con escalas temperadas e cromáticas
      • Outras gaitas de fol e punteiros do noroeste con escalas temperadas e cromáticas
      • Gaitas medievais
      • Novos modelos de gaitas
    • Palletas e pallóns
    • Frautas, pínfanos e requintas
    • Instrumentos Medievais
    • Pandeiras
    • Pandeiretas
    • Pandeiros
    • Tambores e bombos
    • Tambores femininos
    • Traversoso barrocos
    • Ferreñas
    • Outros instrumentos

Gaita tumbal de ronquillo de Perfecto Feijoo

Categorías: Gaitas de fol, Instrumentos musicales, Réplicas de gaitas de fol antigas, Réplicas de gaitas galegas
  • Descripción
  • Valoracións (0)

Descripción

O Museo de Pontevedra custodia a gaita de ronquillo coa que tocou Perfecto Feijoo. Foi fabricada arredor de 1885 por Manuel Villanueva de Poio (Pontevedra) empregando madeira tropical (seguramente algún tipo de Dalbergia spp.) e marfil, compoñendo un instrumento dunha grande fermosura, cun torneado típico do noroeste e cun elegante soprete ornamentado con grandes aneis de marfil. É unha gaita de ronquillo propia da zona de Pontevedra, cun pequeno fol deseñado para ser apertado co antebrazo contra o peito do tocador e co bordón en posición case vertical. O punteiro é áxil e ten un son fenomenal, ten unha escala en modo de Sol, coa subtónica a uns 135 cents da tónica, que está en altura de Si natural. Toda a súa escala está perfectamente afinada para corresponder exactamente cos harmónicos do ronquillo, emitindo conxuntamente un fermosísimo e equilibrado son. O punteiro emprega palletas grandes e cadradas, feitas coa parte exterior e dura da cana e con xugo de metal, que son as propias da zona occidental galega, por este motivo é un instrumento que precisa dunha certa aprendizaxe a nivel de tempero. Está deseñado para tocar empregando a dixitación propia de Pontevedra, pechada e apoiando sempre o meniño como Casto Sampedro e Perfecto Feijoo nos transmitiron, pero a súa flexibilidade permite fabricalo para outras dixitacións pechadas e incluso para tocar en aberto.  

Pódese fabricar en madeira tropical, como a orixinal de Perfecto Feijoo, ou ben en buxo e imitación de marfil, como a que o propio Villanueva tocaba.

 

Compra por encomenda

Debido ás características das réplicas das gaitas de fol antigas, estas non teñen un prezo fixo asignado, que dependerá do tipo de madeira e outras características estéticas que podes escoller como anelados en diferentes materiais,  freques ou reberetados dos vestidos. Todas as réplicas de gaitas de fol teñen unha demora que depende da nosa lista de espera. Consulta con nós para saber máis.

Consulte a información de prezos

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Gaita tumbal de ronquillo de Perfecto Feijoo” Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Produtos relacionados

  • Gaita redonda da Terra Chá

    Add to cart Add to cart Leer máis Show Details Show Details Show Details
  • Gaita dos Campaneiros de Vilagarcía

    Add to cart Add to cart Leer máis Show Details Show Details Show Details
  • Gaita de ronquillo de Xan de Campañó (século XV)

    Add to cart Add to cart Leer máis Show Details Show Details Show Details
  • Gaita de ronquillo

    Add to cart Add to cart Leer máis Show Details Show Details Show Details

Proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia, Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

prueba

Obradoiro Nº 812

© Copyright - Pablo Carpintero
  • Link to Facebook
  • Link to Facebook
  • Link to Mail
  • Contactar
  • Política de privacidad
Link to: Punteiro con aneis do Museo de Pontevedra Link to: Punteiro con aneis do Museo de Pontevedra Punteiro con aneis do Museo de Pontevedra Link to: Gaita de ronquillo Link to: Gaita de ronquillo Gaita de ronquillo
Scroll to top Scroll to top Scroll to top
gl_ESGalego
gl_ESGalego es_ESEspañol
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.