Descripción
Seguimos facendo actuacións con este grupo despois de máis de vinte anos de traballo. O noso obxectivo foi sempre recuperar o son máis tradicional dos grupos de requinteiros da Ulla e estudar e conservar os seus instrumentos musicais, de aí que durante máis de dez anos traballamos no campo para documentar máis de trinta requintas antigas, das que che ofertamos copias, e a gravar a tódolos requinteiros que quedaban vivos nesta comarca. Tes tódalas gravacións que realizamos ao teu dispor no noso arquivo etnográfico. O resultado de todo este traballo foron dous discos, que podes obter na sección de discografía, e a escritura dun traballo de investigación que nos valeu o premio Marques de Lozoya do Ministerio de Cultura, podes ler un resumo no apartado de bibliografía.
Se che apetece contratarnos e escoitar estas músicas contacta con nós aquí.
Aquí tes o programa que nos adicaron a xente do Alalá:
Tamén as músicas completas deste mesmo programa:
Reseñas
Aínda non hai valoracións.