Descripción
Gaita de cana cromática en Do
Esta é a única gaita de cana do mercado que emite todos os cromatismos da escala empregando dixitacións cruzadas, un desenvolvemento que segundo a teoría da física é imposible… debido á súa maior dificultade na construción e afinación, o seu precio é lixeiramente superior ao da gaita de cana en Re que non admite cromatismos.
Denominamos a este instrumento “gaita de cana actualizada” porque está baseada nas gaitas de fol que os rapaces construían con cana ou sabugueiro como instrumento de paso cara á gaita de fol dos adultos, algo que aconteceu fundamentalmente na provincia de Pontevedra. Levamos fabricando estas gaitas de cana actualizadas dende 2017, fomos o primeiro obradoiro en facelo, pero foi só en 2023 cando conseguimos construír unha gaita de cana que puidese emitir todos os cromatismos da escala.
As nosas gaitas de cana actualizadas están fabricadas en madeiras nobres (buxo, granadillo, etc.). Os prezos que che indicamos están calculados para gaitas feitas en buxo, se queres calquera outra madeira consúltanos por favor.
Se queres unha gaita como as orixinais do rapaces podes velas aquí: gaita de sabugueiro ou gaita de cana.
A afinación das nosas gaitas de cana actualizadas en Do é completamente estable. Os bordóns van fornecidos con pequenos pallóns de cana, mentres que o punteiro vai equipado cun pallón sintético, por canto nunca variará a súa afinación mentres non toques a súa lingüeta, e isto é de suma importancia: non recomendamos manipulala baixo ningún concepto.
A tónica do punteiro desta gaita está en altura de Do e polas súas características cromáticas só podemos fabricala coa escala de Do maior, que poderás transformar empregando dixitacións de forquita moi semellantes ás empregadas nas gaitas de fol normais. Posto que esta gaita de fol responde ás dixitacións de forquita, este modelo en Do cromático non pode ser fabricado con dixitación pechada.
Se o que procuras é unha gaita de cana en Do que poda empregar dixitación pechada, ou se queres que estea afinada en calquera modalidade (Dórico, Mixolidio, Frixio, etc.), por favor consúltanos porque calquera destas posibilidades existe, se ben perderás a posibilidade dos cromatismos.
Se buscas algunha outra tonalidade, como Mib, Sib, etc., consúltanos, pois seguimos traballando para ampliar a nosa oferta de tonalidades destes fermosos instrumentos. Se procuras a tonalidade de Re pódela ver aquí, é unha das preferidas polos nosos clientes polo seu son claro e potente.
En canto aos bordóns que levan estas gaitas, podes escoller entre varias posibilidades que verás neste vídeo. Podes fornecela só cun bordón grave sobre as costas, ou acompañar este roncón cun bordón lateral agudo en Do e/ou outro agudo en Sol, ou calquera combinación que se che ocorra destes tres bordóns. As combinacións que a xente prefire son: ou ben os tres bordóns, que lle dan á gaita un son máis pleno, ou ben os dous agudos, afinados na tónica e na dominante, que che ofrecerán tamén unha estupenda experiencia harmónica.
Existe tamén a posibilidade de incluír mais bordóns na buxa lateral. Por exemplo, podes engadir un terceiro bordón que soe na cuarta (Fa), ou tamén podemos facer que o bordón agudo en Do emita alternativamente unha cuarta (Fa) empregando para elo un pequeno taponciño. Para saber o prezo de calquera destas opcións que non aparecen especificadas aquí contáctanos por favor a través do correo electrónico ou do wasap.
Todos os bordóns van fornecidos con tapóns que permiten detelos para que podas prescindir deles, ou ben para poder afinalos de xeito independente.
O fol destas gaitas de cana actualizadas é de material sintético transpirable e poderás escoller a tela que prefiras para confeccionar o seu vestido. No momento en que as madeiras estean listas, porémonos en contacto contigo para que poidas escoller entre calquera das telas da nosa ampla gama.
Estas gaitas non se entregan con fundas nen bolsas. Se precisas un contedor para ela podes adquirilo aquí: bolsa de tela ou maletín de madeira.
Fabricamos tamén punteiros soltos con adaptadores que permiten introducilos en gaitas de fol normais. Para esta opción contacta con nós.








Reseñas
Aínda non hai valoracións.