Descripción
Gaitas de cana actualizadas. Fabricámolas en buxo, con lingüetas sintéticas para unha maior estabilidade e con fol de goretex. Este modelo vai fornecido con bordóns na tónica e na dominante agudas. Fabrícanse nas tonalidades de Do, Do menor, Re, Re menor e Mib. As escalas poden levar sensible e/ou dominante e fabricarse tamén en modo de Sol, é dicir, co sétimo grao rebaixado como as antigas gaitas galegas e asturianas.
Aquí podedes escoitar o modelo en Re coa escala en modo de Sol.
Neste vídeo está o modelo en Re menor, ou sexa, coa escala xabresa.
Aquí vedes ao noso amigo e gran músico zamorano Luis Pedraza, que foi o quen nos impulsou para desenvolver este modelo en modo menor.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.