Descripción
Un dos construtores máis famosos da zona Eo-naviega foi Domingo Álvarez Rodríguez, alcumado “Galfarro” (1885-1969) que construíu gaitas na Pumarega (A Veiga). Este artesán construía cunha morfoloxía de torneado que é exclusiva e característica da Terra Chá, pero que se estende cara ao oriente en mans deste e algún outro artesán, aparecendo así na zona Eo-naviega xunto co torneado básico do noroeste. Podes ver o noso artigo sobre este tema premendo aquí.
Esta gaita de Galfarro está en modo de Do coa tónica en Do#.
Compra por encomenda
Debido ás características das réplicas das gaitas de fol antigas, estas non teñen un prezo fixo asignado, que dependerá do tipo de madeira e outras características estéticas que podes escoller como anelados en diferentes materiais, freques ou reberetados dos vestidos. Todas as réplicas de gaitas de fol teñen unha demora que depende da nosa lista de espera. Consulta con nós para saber máis.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.