Descripción
No Baixo Miño aparece unha tipoloxía de gaita de fol que presenta dous bordóns sobre o ombreiro do gaiteiro, que alí chaman orneón e ornillo. Esta tipoloxía fíxose frecuente por toda Europa a partires do século XVI e outrora debeu ser abundante en Galiza. No Baixo Miño aparece equipada cun barquín ou cun soprete. As gaitas de barquín son moi frecuentes alí, pero das que se sopraban cun soprete só puidemos documentar dous exemplares, un deles é a gaita de Alejandro Covelo que é, sen dúbida, o exemplo máis fermoso e mellor conservado desta tipoloxía. Podedes ver e scoitar a súa réplica premendo aquí.
O que vedes agora é a réplica da gaita de barquín de Manuel Pousa (Estás, Tomiño) pero reconvertida nesta tipoloxía, é dicir, fornecida cun soprete en lugar de cun barquín.
Aquí tedes uns vídeos con algunhas pezas do Baixo Miño para que poidades apreciar o son desta gaita.
Compra por encomenda
Debido ás características das réplicas das gaitas de fol antigas, estas non teñen un prezo fixo asignado, que dependerá do tipo de madeira e outras características estéticas que podes escoller como anelados en diferentes materiais, freques ou reberetados dos vestidos. Todas as réplicas de gaitas de fol teñen unha demora que depende da nosa lista de espera. Consulta con nós para saber máis.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.