• Link to Facebook
  • Link to Facebook
  • Link to Mail
  • Shopping Cart Shopping Cart
    0Shopping Cart
Pablo Carpintero
  • Instrumentos musicais
    • Gaitas de fol
      • Réplicas de gaitas de fol antigas
        • Asturianas
        • Eo-Naviegas
        • Galegas
        • Portuguesas
        • Xabresas e Alistanas
        • Mallorquinas
        • Aragonesas
      • Gaitas de fol e punteiros galegos con escalas temperadas e cromáticas
      • Outras gaitas de fol e punteiros do noroeste con escalas temperadas e cromáticas
      • Gaitas de cana, gaitas de pallón (lingüeta sinxela) actualizadas.
      • Gaitas medievais
      • Novos modelos de gaitas
      • Complementos
    • Outros instrumentos
      • Instrumentos medievais
      • Palletas e pallóns
      • Tambores e bombos
      • Frautas, pínfanos e requintas
      • Traversos barrocos
      • Pandeiretas
      • Pandeiras
      • Pandeiros
      • Tambores femininos
      • Ferreñas
      • Máis instrumentos
    • Restauración
      • Restauramos calquera instrumento musical tradicional e empalletamos a túa gaita de fol antiga para recuperar o seu son orixinal.
    • Museo
      • Estes son os instrumentos musicais que compoñen a nosa colección, podes encomendar unha réplica de calquera deles.
  • Charlas-concerto
  • Obradoiros
  • Publicacións
    • Os instrumentos musicais na tradición galega
    • Bibliografía
    • Discografía
    • Micromecenazgo
  • Exposicións
  • Grupos
  • Quen somos
  • Click to open the search input field Click to open the search input field Search
  • Menu Menu
Tienda

Categorías

  • Discografía
  • Grupos
  • Sin categorizar
  • Instrumentos musicales
    • Gaitas de fol
      • Complementos
      • Réplicas de gaitas de fol antigas
        • Réplicas de gaitas asturianas
        • Réplicas de gaitas Eo-Naviegas
        • Réplicas de gaitas galegas
        • Réplicas de gaitas Portuguesas
        • Réplicas de gaitas Xabresas e Alistanas
        • Réplicas de gaitas mallorquinas
        • Réplicas de gaitas aragonesas
        • Réplicas de gaitas leonesas
      • Gaitas de cana, gaitas de pallón (lingüeta sinxela) actualizadas
      • Gaitas de fol e punteiros galegos con escalas temperadas e cromáticas
      • Outras gaitas de fol e punteiros do noroeste con escalas temperadas e cromáticas
      • Gaitas medievais
      • Novos modelos de gaitas
    • Palletas e pallóns
    • Frautas, pínfanos e requintas
    • Instrumentos Medievais
    • Pandeiras
    • Pandeiretas
    • Pandeiros
    • Tambores e bombos
    • Tambores femininos
    • Traversoso barrocos
    • Ferreñas
    • Outros instrumentos

Gaita grileira de catro voces de Antonio do Castro de Vilariño (Sobrado dos Monxes)

Categorías: Gaitas de fol, Instrumentos musicales, Réplicas de gaitas de fol antigas, Réplicas de gaitas galegas
  • Descripción
  • Valoracións (0)

Descripción

Antonio García do Castro de Vilariño (Sobrado dos Monxes) foi un excelente constructor e o único caso que coñecemos de artesán non gaiteiro que fabricou marabillosas gaitas de fol. Esta circunstancia ten unha explicación: a Antonio probáballe as gaitas Manuel Lago Sánchez, de Casa Nova (Carelle, Sobrado dos Monxes), un dos mellores gaiteiros que temos coñecido. As súas gaitas acadaron unha enorme sona nas comarcas de Arzúa e Terra de Melide. Nós puidemos mercar unha delas hai xa moitos anos, podédela ver na imaxe principal. Ofrecémosvos a súa réplica que podedes ver na galería feita en buxo tinguido. Trátase dunha gaita típica destas comarcas, unha gaita de catro voces, coa ronquilla e o grilleiro saíndo dun galleto, ou sexa dunha buxa dobre. Ten un son fenomenal e moi ben equilibrado. O punteiro ten a tónica preto do Mib e toca cunha escala en modo de Do coa sensible algo baixa. Pódese obter con el unha escala cromática, como poderedes ver nalgún dos vídeos que vos deixamos máis abaixo. Está deseñado para tocar coa dixitación propia desta zona, ou sexa, pechada. Este é un dos punteiros máis áxiles que temos probado, emite as notas cunha rapidez e brillo inusitados, ten un son moi potente e penetrante e requintea ben. Usa palletas como as orixinais desta zona: fabricadas coa parte exterior e dura da cana, pequenas, triangulares e con xugo metálico. 

Aquí tedes uns vídeos de diferentes melodías interpretadas coa réplica desta gaita de catro voces. Neste podedes escoitar a Muiñeira de Chantada, pois como xa vos comentamos, é posible obter con ela unha escala cromática.

 

 

Aquí tedes unha xota das que tocaba Manuel Lago.

 

 

Esta é unha das súas muiñeiras.

 

 

Por último, unha muiñeira recollida a Andrés Rodríguez das Corredoiras (Vilamaior, A Coruña), que foi un fantástico gaiteiro, un dos nosos mestres máis queridos e un estupendo amigo co que percorrimos toda a comarca de Ordes.

 

 

 

Compra por encomenda

Debido ás características das réplicas das gaitas de fol antigas, estas non teñen un prezo fixo asignado, que dependerá do tipo de madeira e outras características estéticas que podes escoller como anelados en diferentes materiais,  freques ou reberetados dos vestidos. Todas as réplicas de gaitas de fol teñen unha demora que depende da nosa lista de espera. Consulta con nós para saber máis.

Consulte a información de prezos

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Gaita grileira de catro voces de Antonio do Castro de Vilariño (Sobrado dos Monxes)” Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Produtos relacionados

  • Gaita grileira oriental

    Add to cart Add to cart Leer máis Show Details Show Details Show Details
  • Gaita tumbal de ronquillo de Perfecto Feijoo

    Add to cart Add to cart Leer máis Show Details Show Details Show Details
  • Gaita de ronquillo de Xan de Campañó (século XV)

    Add to cart Add to cart Leer máis Show Details Show Details Show Details
  • Gaita de ronquillo chairega

    Add to cart Add to cart Leer máis Show Details Show Details Show Details

Proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia, Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

prueba

Obradoiro Nº 812

© Copyright - Pablo Carpintero
  • Link to Facebook
  • Link to Facebook
  • Link to Mail
  • Contactar
  • Política de privacidad
Link to: Gaita tumbal da Terra Chá Link to: Gaita tumbal da Terra Chá Gaita tumbal da Terra Chá Link to: Gaita redonda de catro voces de Antonio do Castro de Vilariño (Sobrado dos Monxes) Link to: Gaita redonda de catro voces de Antonio do Castro de Vilariño (Sobrado dos Monxes) Gaita redonda de catro voces de Antonio do Castro de Vilariño (Sobrado dos...
Scroll to top Scroll to top Scroll to top
gl_ESGalego
gl_ESGalego es_ESEspañol
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.