Descripción
Fermín do Campo de Grandas de Salime foi construtor e gaiteiro, ademais de moitas outras cousas, pois era un home de grandes habilidades. As súas gaitas tiveron moita sona e foron empregadas en toda a zona Eo-naviega, sendo un perfecto exemplo desta particular e fermosa tipoloxía. Fermín construía punteiros en modo de Sol, ou sexa con sétimo grao rebaixado e subtónica, mais tamén en modo de Do, estando todos os que temos documentados coas tónicas practicamente en Do.
Esta gaita é un fermoso exemplo desa máxima que reza que as mellores gaitas foron construídas sempre por grandes gaiteiros. É unha das mellores gaitas que temos replicado, ademais do estupendo son do seu roncón, o punteiro é relativamente áxil, cun timbre un case nada nasal pero de son moi potente; é fácil de tocar, moi estable e requintea moi ben. Admite calquera dixitación pechado, polo que é moi versátil, malia que non se pode dixitar en aberto.
Con ela tamén se poden facer os característicos silenzos verdadeiros que se empregan nesta zona:
Facendo lixeiras variacións na colocación dos furados, conseguimos manter o seu timbre orixinal e acadar unha escala temperada e cromática en Do como podes ver nestes vídeos.
Compra por encomenda
Debido ás características das réplicas das gaitas de fol antigas, estas non teñen un prezo fixo asignado, que dependerá do tipo de madeira e outras características estéticas que podes escoller como anelados en diferentes materiais, freques ou reberetados dos vestidos. Todas as réplicas de gaitas de fol teñen unha demora que depende da nosa lista de espera. Consulta con nós para saber máis.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.