Interpretación da gaita de fol representada na Cantiga 260 do códice dos Músicos (c. 1298) baseada na súa análise científica. Empregáronse sistemas de construción tradicionais e o pallón é de sabugueiro, pois os últimos estudos semellan indicar que non existía cana en Galiza naquela altura. Madeira de buxo con vestido de tela e fol de goretex. Punteiro de lingüeta sinxela con resoador de madeira labrado a man. Posibilidade de fabricala con diferentes tónicas, lingüetas sintéticas para unha maior estabilidadre e con tubos melódicos intercambiables. Buxa labrada a man con cabeza de rei obra de Ilex Talla (Santiago de Compostela).
Podes escoitar o son desta réplica neste vídeo.