Descripción
Mario Quaresma Carramão foi gaiteiro en Sesimbra, descendente dunha familia cunha longa tradición, tres gaiteiros o precederon ao longo do tempo. A súa gaita, probablemente xa tocada polo seu pai, foi fabricada polo artesán Manuel da Silva de Lisboa arredor de mediados do século XIX. É unha gaita de fol grileira, cun son excelente, grande volume sonoro e unha rapidez na emisión das notas moi destacable; a tónica está moi preto do Re e a súa escala achégase ao modo de Do, é dicir, con tódolos graos case temperados excepto pola sensible a o terceiro grao que están algo graves. Este punteiro toca con dixitación aberta ou pechada, que é a que Mario empregaba.
Unha das réplicas desta gaita foi para o noso amigo Tiago Morais, aquí o tedes interpretando unha tocata de Nadal con ela.
Compra por encomenda
Debido ás características das réplicas das gaitas de fol antigas, estas non teñen un prezo fixo asignado, que dependerá do tipo de madeira e outras características estéticas que podes escoller como anelados en diferentes materiais, freques ou reberetados dos vestidos. Todas as réplicas de gaitas de fol teñen unha demora que depende da nosa lista de espera. Consulta con nós para saber máis.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.