• Link to Facebook
  • Link to Facebook
  • Link to Mail
  • Shopping Cart Shopping Cart
    0Shopping Cart
Pablo Carpintero
  • Instrumentos musicais
    • Gaitas de fol
      • Réplicas de gaitas de fol antigas
        • Asturianas
        • Eo-Naviegas
        • Galegas
        • Portuguesas
        • Xabresas e Alistanas
        • Mallorquinas
        • Aragonesas
      • Gaitas de fol e punteiros galegos con escalas temperadas e cromáticas
      • Outras gaitas de fol e punteiros do noroeste con escalas temperadas e cromáticas
      • Gaitas de cana, gaitas de pallón (lingüeta sinxela) actualizadas.
      • Gaitas medievais
      • Novos modelos de gaitas
      • Complementos
    • Outros instrumentos
      • Instrumentos medievais
      • Palletas e pallóns
      • Tambores e bombos
      • Frautas, pínfanos e requintas
      • Traversos barrocos
      • Pandeiretas
      • Pandeiras
      • Pandeiros
      • Tambores femininos
      • Ferreñas
      • Máis instrumentos
    • Restauración
      • Restauramos calquera instrumento musical tradicional e empalletamos a túa gaita de fol antiga para recuperar o seu son orixinal.
    • Museo
      • Estes son os instrumentos musicais que compoñen a nosa colección, podes encomendar unha réplica de calquera deles.
  • Charlas-concerto
  • Obradoiros
  • Publicacións
    • Os instrumentos musicais na tradición galega
    • Bibliografía
    • Discografía
    • Micromecenazgo
  • Exposicións
  • Grupos
  • Quen somos
  • Click to open the search input field Click to open the search input field Search
  • Menu Menu
Tienda

Categorías

  • Discografía
  • Grupos
  • Sin categorizar
  • Instrumentos musicales
    • Gaitas de fol
      • Complementos
      • Réplicas de gaitas de fol antigas
        • Réplicas de gaitas asturianas
        • Réplicas de gaitas Eo-Naviegas
        • Réplicas de gaitas galegas
        • Réplicas de gaitas Portuguesas
        • Réplicas de gaitas Xabresas e Alistanas
        • Réplicas de gaitas mallorquinas
        • Réplicas de gaitas aragonesas
        • Réplicas de gaitas leonesas
      • Gaitas de cana, gaitas de pallón (lingüeta sinxela) actualizadas
      • Gaitas de fol e punteiros galegos con escalas temperadas e cromáticas
      • Outras gaitas de fol e punteiros do noroeste con escalas temperadas e cromáticas
      • Gaitas medievais
      • Novos modelos de gaitas
    • Palletas e pallóns
    • Frautas, pínfanos e requintas
    • Instrumentos Medievais
    • Pandeiras
    • Pandeiretas
    • Pandeiros
    • Tambores e bombos
    • Tambores femininos
    • Traversoso barrocos
    • Ferreñas
    • Outros instrumentos

Visto anteriormente

  • Requinta de Vea Requinta de Vea 925,00 €
  • Gaita de fol estándar en La, Sib, Si, Do ou Re Gaita de fol estándar en La, Sib, Si, Do ou Re 1.800,00 € - 2.800,00 €Rango de prezos: desde 1.800,00 € ata 2.800,00 €

Gaita de ronquillo do obradoiro Riobó

Categorías: Réplicas de gaitas de fol antigas, Réplicas de gaitas galegas
  • Descripción
  • Valoracións (0)

Descripción

Neste ano 2023 xubílase Joaquín Espiño Martínez (1958), rexente do obradoiro de gaitas e requintas dos García de Riobó, na Estrada (Pontevedra). Este é o obradoiro máis antigo documentado na península Ibérica, con máis de 200 anos de historia. As primeiras novas datan de finais do XVIII cando nel traballaba, xa na produción de instrumentos musicais, fundamentalmente gaitas de fol, Joaquín García Rei (1790-1866), que ven sendo o pai do tataravó do actual dono. Deste home aprendeu seu fillo Domingo Antonio García de Oca (1811-1872) que gañou un recoñecemento da Reina Isabel II por unha gaita de ébano que amosou na “Exposición de produtos agrícolas” celebrada en Madrid no ano 1837. Non se conservan instrumentos feitos por este home, pero sábese que el e seu pai traballaron co torno de vara que se conserva no taller. Domingo e Joaquín identificaban os seus instrumentos estampando un carimbo que vos amosamos.

 

Xunto co carimbo SIO de Lisboa, anterior ao século XVIII, son os máis antigos documentados na península. O herdeiro de Domingo no obradoiro foi Joaquín García García (1856-1934), bisavó  do actual rexente. Este home foi moi probablemente quen desenvolveu as requintas da Ulla. Non tivo descendencia masculina, de xeito que o obradoiro pasou directamente a Joaquín Espiño García (1921-1976), pai do actual artesán, gran artesán de gaitas de fol e requintas, como seu fillo.

 

No obradoiro de Riobó mercaron gaitas de fol centos de gaiteiros, no libro de rexistros de Joaquín García, que tivemos a sorte de poder documentar, constan nomes tan senlleiros coma os gaiteiros de Soutelo, Perfecto Feijoo, Modesto Sánchez ou mesmo Faustino Santalices. Sabemos tamén que Joaquín García ensinou a facer gaitas a Faustino Santalices, pois os planos que este empregaba aínda conteñen a letra deste home. Faustino desenvolveu as súas fantásticas gaitas a partires das deste obradoiro. Tamén en Riobó aparecen as primeiras ronquetas das que temos novas, probablemente derivadas dos ornillos das gaitas de barquín e das de dous roncóns no ombreiro que aparecen no Baixo Miño.

Quixemos ofrecervos a posibilidade de ter unha das gaitas antigas saídas deste obradoiro, así que replicamos unha das mellores que temos achado, feita por Joaquín García a principios do século XX e que pertenceu ao gaiteiro Juan Gaiteiro de Vedra. Unha fermosa gaita de ronquillo, como a maioría das da Ulla. O instrumento orixinal é de ébano anelado en latón. Na Ulla aparecen moitos vestidos bordados, así que unha destas gaitas quixemos facela así, e a nosa tía Pilar Valverde fíxonos un estupendo bordado coa chorima e uns freques de seda tecidos a macramé. Puxemos o ronquillo saíndo polo lado esquerdo do fol, un xeito orixinal que só temos achado nalgunhas gaitas ulláns.

 

Nas fotografías e neste vídeo podedes ver e escoitar o resultado deste traballo.

Debido ás características das réplicas das gaitas de fol antigas, estas non teñen un prezo fixo asignado, que dependerá do tipo de madeira e outras características estéticas que podes escoller como anelados en diferentes materiais,  freques ou reberetados dos vestidos. Todas as réplicas de gaitas de fol teñen unha demora que depende da nosa lista de espera. Consulta con nós para saber máis.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Gaita de ronquillo do obradoiro Riobó” Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Produtos relacionados

  • Gaita tumbal da Terra Chá

    Add to cart Add to cart Leer máis Show Details Show Details Show Details
  • Gaita de Antonio Solares “Sebrayu”

    Add to cart Add to cart Leer máis Show Details Show Details Show Details
  • Gaita de dous bordóns no ombreiro

    Add to cart Add to cart Leer máis Show Details Show Details Show Details
  • Gaita redonda de catro voces de Antonio do Castro de Vilariño (Sobrado dos Monxes)

    Add to cart Add to cart Leer máis Show Details Show Details Show Details

Proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia, Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

prueba

Obradoiro Nº 812

© Copyright - Pablo Carpintero
  • Link to Facebook
  • Link to Facebook
  • Link to Mail
  • Contactar
  • Política de privacidad
Link to: Don Tristán “o Namorado” fez esta cantiga Link to: Don Tristán “o Namorado” fez esta cantiga Don Tristán “o Namorado” fez esta cantiga Link to: Gaita de catro voces do obradoiro de Anafreita (Friol, Lugo) Link to: Gaita de catro voces do obradoiro de Anafreita (Friol, Lugo) Gaita de catro voces do obradoiro de Anafreita (Friol, Lugo)
Scroll to top Scroll to top Scroll to top
gl_ESGalego
gl_ESGalego es_ESEspañol
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.