Descripción
Na aldea de São Julião de Palacios, en Bragança, viviu o gaiteiro António Gil do Cubo (1918-1990), a súa gaita é conservada con esmero pola súa filla Irene que nos contou que seu pai non foi o primeiro gaiteiro que a tocou, pois polo visto pertenceu con anterioridade ao Tiu Cabreiro, mestre de António, quen lle deixou esta gaita á súa morte. Polos desgastes dixitais que presenta é tamén posible que aínda outro gaiteiro anterior ao Tiu Cabreiro empregase esta gaita. É un fermoso exemplar de gaita brigantina, cun bonito son. O punteiro emprega palletas feitas ao xeito antigo mirandés, é dicir, empregando a parte interior e branda da cana. Ten a tónica un pouco máis baixa de Do e sona nunha escala en modo portugués, ou sexa, co terceiro grao practicamente neutro e cunha fermosa subtónica a 180 cents da tónica, mentres o resto de graos seguen practicamente o temperamento igual. O roncón sona claro e profundo. É un instrumento de notable calidade.
Compra por encomenda
Debido ás características das réplicas das gaitas de fol antigas, estas non teñen un prezo fixo asignado, que dependerá do tipo de madeira e outras características estéticas que podes escoller como anelados en diferentes materiais, freques ou reberetados dos vestidos. Todas as réplicas de gaitas de fol teñen unha demora que depende da nosa lista de espera. Consulta con nós para saber máis.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.