Descripción
Na Freixiosa habitou entre 1850 e 1924 un mítico gaiteiro mirandés, Manuel José Lopes, alcumado “O Tiu Pepe da Freixiosa”. Esta é a réplica dunha das súas gaitas. Como sempre acontece, grandes gaiteiros tocaron con grandes gaitas, descoñecemos o artesán que fixo este marabilloso instrumento, pero podemos dicir que se trata dunha das mellores gaitas que puidemos analizar e reproducir. Como moitas gaitas mirandesas, as madeiras do roncón teñen un diámetro notable, pero este é o roncón máis groso que temos achado en todo o noroeste. O punteiro ten a tónica moi preto do Sib e a súa escala está afinada en modo portugués, este é quizais un dos mellores exemplos que temos achado deste curioso modo que non aparece na teoría medieval, a non ser que o consideremos como un modo de Re con o sétimo grao cromatizado; o modo portugués ten o terceiro grao neutro e presenta subtónica en lugar de sensible, sendo este punteiro un dos poucos do noroeste no que aparece unha subtónica completa a 200 cents da tónica. O resto de graos da súa escala achéganse moito aos do temperamento igual e o sétimo grao pode ser rebaixado mediante a interposición do dedo maior, permitindo así tocar tamén en modo de Re. A presenza dunha subtónica completa permite tamén converter a este grao en tónica, emitindo así a escala un modo de La co altura da tónica en Lab.
Aquí tedes unha muiñeira e unha carballesa do repertorio tradicional mirandés interpretadas cunha réplica desta estupenda gaita de fol.
Compra por encomenda
Debido ás características das réplicas das gaitas de fol antigas, estas non teñen un prezo fixo asignado, que dependerá do tipo de madeira e outras características estéticas que podes escoller como anelados en diferentes materiais, freques ou reberetados dos vestidos. Todas as réplicas de gaitas de fol teñen unha demora que depende da nosa lista de espera. Consulta con nós para saber máis.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.