Descripción
O Rancho Folclórico da Eira Pedrinha conserva no seu museo unha gaita de fol, un tambor e un bombo que foron tocados polo famoso grupo Os Melos da Barreira, de Condeixa-a-Nova. Para voltar o son deste conxunto á vida, reproducimos os tres instrumentos. A gaita resultou ter a tónica en Do, coa escala en modo portugués, é dicir co terceiro grao e a sensible baixas. Non entanto, este punteiro foi o suficientemente flexible como para, con lixeiras variacións no diámetro dos furados, converter a súa escala en temperada e cromática coa tónica en Do xusto e, incluso, dotalo de tres terceiras diferentes. Un instrumento notable.
Neste vídeo podedes escoitar o punteiro orixinal e máis a réplica adaptada a Do temperado e cromático.
Nesta outra gravación podedes escoitar este punteiro montado xa nunha gaita.
Compra por encomenda
Debido ás características das réplicas das gaitas de fol antigas, estas non teñen un prezo fixo asignado, que dependerá do tipo de madeira e outras características estéticas que podes escoller como anelados en diferentes materiais, freques ou reberetados dos vestidos. Todas as réplicas de gaitas de fol teñen unha demora que depende da nosa lista de espera. Consulta con nós para saber máis.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.