Descripción
Réplica dunha gaita grileira da zona oriental galega, de procedencia descoñecida. É unha gaita de fenomenal son. O punteiro emprega palletas construídas ao xeito antigo desta zona, é dicir, empregando só a parte interior e branda da cana. É un punteiro con moito volume, moi áxil na emisión das notas e cun requinteo moi fácil de obter. Ten a escala en modo de Do, coa tónica en altura de Re. Ademais, curiosamente, produce unha escala perfectamente cromática. É, pois, o que chamariamos actualmente unha gaita en Re, unha gaita grileira, coas mesmas prestacións que unha moderna, pero con bastante máis volume, como podedes ver neste vídeo.
Compra por encomenda
Debido ás características das réplicas das gaitas de fol antigas, estas non teñen un prezo fixo asignado, que dependerá do tipo de madeira e outras características estéticas que podes escoller como anelados en diferentes materiais, freques ou reberetados dos vestidos. Todas as réplicas de gaitas de fol teñen unha demora que depende da nosa lista de espera. Consulta con nós para saber máis.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.