Descripción
No Museo de Pontevedra consérvanse as dúas gaitas que pertenceron ao mítico gaiteiro e construtor Manuel Villanueva de Poio (Pontevedra). A gaita tumbal foi construída por el mesmo, pero a redonda non saíu das súas mans, pois non foi fabricada coas súas ferramentas, tamén conservadas no Museo. Está construída integramente en buxo e ten un son excepcional sendo un fermoso exemplo de gaita de ronquillo de Pontevedra, coa escala en modo de Sol e a tónica en altura de Do. O punteiro emprega palletas grandes e cadradas, feitas coa parte exterior e dura da cana e con xugo de metal, que son as propias da zona occidental galega, por este motivo este instrumento precisa dunha certa aprendizaxe a nivel de tempero. Está deseñado para tocar empregando a dixitación propia de Pontevedra, pechada e apoiando sempre o meniño como Casto Sampedro e Perfecto Feijoo nos transmitiron.
Compra por encomenda
Debido ás características das réplicas das gaitas de fol antigas, estas non teñen un prezo fixo asignado, que dependerá do tipo de madeira e outras características estéticas que podes escoller como anelados en diferentes materiais, freques ou reberetados dos vestidos. Todas as réplicas de gaitas de fol teñen unha demora que depende da nosa lista de espera. Consulta con nós para saber máis.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.