Descripción
Un instrumento reproducido a partires dunha fotografía que, moi amablemente, nos enviou o noso querido amigo Alfonso Fernández, director do Museo da gaita de Xixón. Nesta foto que vos ensinamos aquí, do 1914, aparece unha muller acompañando a un cego e tocando este fantástico instrumento. Trátase dunha extraordinaria pandeira de tamaño medio, pero no marco van inseridos cinco enormes pares de ferreñas de latón, case planas, marteladas a man. É sen dúbida un dos instrumentos máis orixinais que temos visto.
Aquí podedes escoitar os diversos modelos de pandeiras asturianas que temos reproducido.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.